Un ‘cambio’ de 600.000 euros na TVG

19 Out

Logotipo do programa / AVG

Son tempos convulsos para os medios de comunicación en xeral e e a Compañía de Radio Televisión de Galicia (Crtvg) non escapa a eles. Ben ao contrario, a tramitación da nova lei que rexerá a TVG e a Radio Galega está a xerar unha fonda controversia. Os traballadores aseguran ver sobre as súas cabezas a sombra da privatización e do desmantelamento nunhas protestas que xa xeraron as primeiras “represalias”, denuncian.

Neste escenario, no que dende instancias oficiais se cuestiona o gasto destes medios públicos, unha lixeira operación de mergullo nos arquivos parlamentarios permite coñecer, por exemplo, o custe dun dos formatos que, a priori, poderían distar en maior medida da vocación de “servizo público” que se lle presupón ao ente: o reality Gran Cambio,  un “programa de telerrealidade no que catorce participantes comprométense a adelgazar e adquirir hábitos de vida saudables -segundo a súa ficha no portal do audiovisual galego-” que supuxo un investimento superior ao medio millón de euros.

O 3 de xaneiro de 2011 o deputado socialista José Manuel Lage Tuñas presentaba no rexistro da Cámara unha pregunta escrita na que reclamaba coñecer o orzamento desta produción, o nome da empresa que o realiza e as achegas dos seus patrocinadores. Os ritmos do Parlamento e, sobre todo, os do Goberno, provocaron que non fose ata o pasado 4 de outubro cando esta pregunta chegou á fin da súa tramitación na Xunta. Nese documento, rexistrado no Parlamento ao día seguinte, o Executivo galego detalla que a TVG contratou “dúas temporadas” do Gran Cambio, “con data de contratos 29/01/10 e 8/10/2010, compostas por 13 programas cada unha”. O “orzamento” da produción, explica a Xunta, era de 319.000 euros, cun “total”  de 639.600 euros”.

Do mesmo xeito, o Goberno galego detalla na súa resposta que o programa, encargado “á empresa Ficción Producciones, S.L.”, contou con tres patrocinadores, un deles público. Nomeadamente, houbo achegas económicas da empresa Hero, a través da súa liña Hero Diet, da compañía de videoxogos Nintendo co seu produto Wii-Fit e tamén da Consellería de Cultura. A Xunta explica que “a achega máxima á produción” foi de 49.368,40 € máis IVE”. Non se detalla, en todo caso, cal foi a cantidade de cartos achegada por cada un dos patrocinadores, o que permitiría saber, no seu conxunto, cal foi o volume de recursos públicos destinado a este proxecto. No aire queda, tamén, un dos maiores temores dos traballadores da TVG , isto é, que o sector privado incremente notablemente o seu peso no ente público, chegando a parcelas agora parcialmente vetadas para el, como a elaboración dos informativos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: