Cargos políticos no hospital de Lugo, último inaugurado ata agora/XUNTA
Facer un “uso irresponsable das prestacións asistenciais do Sistema Público de Saúde de Galicia”. Este difuso motivo é, dende onte, causa dabondo para que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) poida decidir “repercutir nos usuarios” os “gastos” que xeren pola asistencia sanitaria, isto é, que teñan que pagar pola mesma.
A Consellería de Sanidade vén de introducir este precepto, a xeito de disposición adicional, no decreto 209/2011, do 27 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados en centros dependentes do Sergas e nas fundacións públicas sanitarias. Este documento vén renovar as tarifas que teñen que abonar aquelas persoas que non sexan beneficiarias da Seguridade Social -como estranxeiros ou asegurados de certas mutuas- e que se fixaron por última vez nun decreto semellante do ano 2010 que, non obstante, non incluía esta nova disposición adicional sobre a responsabilidade dos pacientes.
Esta tarifa pode resultar altamente ilustrativa sobre o custe da sanidade pública, isto é, sobre os servizos que sustentan os cidadáns a través dos seus impostos. Por exemplo, permite coñecer que unha radiografía común custa 34 euros ou que unha estadía nunha cama hospitalaria supón 513 euros ao día. Pero, co novo criterio, o decreto adquire unha nova dimensión polas preguntas que deixa no aire. Seguir lendo