Albor e Laxe, no debate da ‘censura’ de 1987/PARLAMENTO DE GALICIA
En tempos convulsos de crise económica e cuestionamento da política institucional os parlamentos son obxectivo dun bo número de críticas. As remuneracións dos seus membros ou a representatividade que ostentan os deputados e deputadas chegan a ser cuestionadas. Se ben a cuestión económica responde a diversas variables que mesmo se están a comezar a axustar, no caso do Parlamento de Galicia o asunto da representatividade está condicionado na presente lexislatura por unha variable fundamental: os cambios de deputados motivados en case todos os casos por movementos internos das formacións políticas. Estes trocos, tal e como temos detallado xa no Asento 76, deron lugar a que case un terzo dos parlamentarios, un total de 24, non fosen directamente elixidos polos cidadáns. Se ben esta cifra é avultada en si mesma resulta máis significativa ao comparala coas sete lexislaturas anteriores, xa que nunca se producira tal número de cambios, máis aínda tendo en conta que o actual período lexislativo aínda non rematou.
Unha ollada aos arquivos parlamentarios permite concluír que, en toda a historia autonómica, os escanos do Parlamento mudaron de inquilinos en 104 ocasións por motivos diversos, dando lugar a unha media de 13 corrementos de lista por lexislatura. Así e todo, un simple gráfico amosa ás claras que é o actual mandato, o que comezou en 2009 e que tería que rematar en 2013 -unha data, esta última, que cada vez semella máis improbable-, o que sobe notablemente a media: Seguir lendo