Fin da violencia, só política

20 Out

Imaxe do vídeo no que ETA anuncia a fin da súa actividade violenta

Obviamente, ningún dos lectores deste humilde blog vai chegar a esta pequena casa para informase sobre a noticia que coñeceu ás sete da tarde deste 20 de outubro de 2011, unha nova que, confeso, me encantaría estar a contar polo miúdo dende a redacción dun medio de comunicación. ETA vén de anunciar o “cesamento definitivo” da súa actividade violenta, unha nova que, para quen asina, é motivo de ledicia e motivo para agardar que, de agora en diante, en Euskadi só se faga política, no sentido que queiran os cidadáns, pero só política, que é, ou debe ser, unha das linguaxes máis afastadas das armas. Para gardalo, para lembralo e tamén para analizalo, aquí vos queda o texto íntegro, traducido ao galego, do comunicado remitido pola banda armada ao diario Gara:

“Euskadi Ta Askatasuna, organización socialista revolucionaria vasca de liberación nacional, desexa mediante esta Declaración dar a coñecer a súa decisión:

ETA considera que a Conferencia Internacional celebrada recentemente en Euskal Herria é unha iniciativa de gran transcendencia política. A resolución acordada reúne os ingredientes para unha solución integral do conflito e conta co apoio de amplos sectores da sociedade vasca e da comunidade internacional.

En Euskal Herria está a abrirse un novo tempo político. Estamos ante unha oportunidade histórica para dar unha solución xusta e democrática ao secular conflito político. Fronte á violencia e a represión, o diálogo e o acordo deben caracterizar o novo ciclo. O recoñecemento de Euskal Herria e o respecto á vontade popular deben prevalecer sobre a imposición. Ese é o desexo da maioría da cidadanía vasca.

A loita de longos anos creou esta oportunidade. Non foi un camiño fácil. A crueza da loita levou moitas compañeiras e compañeiros para sempre. Outros están a sufrir o cárcere ou o exilio. Para eles e elas o noso recoñecemento e máis sentida homenaxe.

En diante, o camiño tampouco será fácil. Ante a imposición que aínda perdura, cada paso, cada logro, será froito do esforzo e da loita da cidadanía vasca. Ao longo destes anos Euskal Herria acumulou a experiencia e forza necesaria para afrontar este camiño e ten tamén a determinación para facelo.

É tempo de mirar ao futuro con esperanza. É tempo tamén de actuar con responsabilidade e valentía.

Por todo iso, ETA decidiu o cesamento definitivo da súa actividade armada. ETA fai un chamamento aos gobernos de España e Francia para abrir un proceso de diálogo directo que teña por obxectivo a resolución das consecuencias do conflito e, así, a superación da confrontación armada. ETA con esta declaración histórica mostra o seu compromiso claro, firme e definitivo.

ETA, por último, fai un chamamento á sociedade vasca para que se implique neste proceso de solucións até construír un escenario de paz e liberdade”.

Unha resposta a “Fin da violencia, só política”

  1. Carlos 24 de Outubro de 2011 ás 13:11 #

    Motivo de gran ledicia si señor. Agardemos que a caverna española que tan acostumados nos ten os exabruptos non busque seguir unha confrontación que a partir de agora só é política.

    Déixote unha ligazón a un post meu sobre o tema http://carlosduranblog.wordpress.com/2011/10/21/a-historia-de-eta/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: